CRTVG

Buscar

Soben a 47 os positivos no gromo do ximnasio de Meicende, Arteixo

Publicado o 03/08/2020 13:42
Soben a 47 os positivos no gromo do ximnasio de Meicende, Arteixo

O gromo de coronavirus vinculado a un ximnasio da parroquia de Meicende, no concello coruñés de Arteixo, ascende este luns ata un total de 47 casos positivos, segundo informan fontes do Servizo Galego de Saúde.

A Área Sanitaria da Coruña e Cee realizou este domingo máis de 218 pruebas PCR, segundo informa o Sergas.

Nas últimas 24 horas detectaron 8 novos casos; con eles o número de contaxiados ascende a 47.

O Sergas continúa facendo seguimento dos contactos.