CRTVG

Buscar

Soben a 32 os positivos entre os usuarios das residencias galegas, tras detectárense 8 máis

Publicado o 03/08/2021 17:14
Soben a 32 os positivos entre os usuarios das residencias galegas, tras detectárense 8 máis

Soben a 32 os casos activos entre os usuarios das residencias de maiores despois de que se detectaran seis positivos nunha vivenda comunitaria en Alfoz, Lugo, e dous nun centro de Ribadeo. 

Dos total, 18 correspóndense con usuarios da residencia Santo Estevo de Perlío de Fene, na Coruña. Na vivenda comunitaria de Alfoz contabilízanse 6; 2, na Concepción Arenal da Coruña; 2, na Bo Día Magnolio de Vigo; 2, na residencia de Ribadeo; un, na residencia Val do Dubra e outro na Caser A Zapateira.

No tocante aos centros de discapacidade, hai 10 positivos novos no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo, 31 en total, e un no CAPD de Sarria. 

Noticias web

03/08/2021