CRTVG

Buscar

Soben a 242 os casos activos en Galicia, dez máis ca onte

Publicado o 28/07/2020 14:49

A cifra de contaxios medra en Galicia por quinto día consecutivo. O útimo parte ofrecido polo Sergas deixa un rexistro de 242 casos activos, 9 máis ca onte.

Os ingresados en unidades de hospitalización descenderon a 9, un paciente continúa na UCI e 232 están en seguimento domiciliario.

Os pacientes curados son 11.236, nove máis ca o luns. E o número de falecidos mantense sen variacións desde o 10 de xuño.

Na área sanitaria da Coruña-Cee aumentan 63 os casos activos. Sanidade rastrexa os contactos do porteiro de varios locais de ocio e traballador dunha escola de boxeo en Arteixo que deu positivo.

Os 18 membros da expedición do Fuenlabrada continúan confinados no hotel logo de que o que o que estaba hospitalizado xa non precise estes coidados.

Na área sanitaria de Santiago-A Barbanza hai 20 contaxiados tras rexistrase un gromo que afecta 4 integrantes dunha familia procedente de Madrid que permanecen illados e baixo seguimento médico na vivenda en que estaban aloxados en Boiro.

A área sanitaria de Lugo continúa a ser a que maior número de contaxios rexistra, con 85. O brote do Saviñao atópase estabilizado sen que se rexistrasen novos casos nin transmisión comunitaria. Na Mariña descenderon en 4 o numero e positivos quedando en 47 afectados o mellor dato desde o 2 de xullo.

A área sanitaria de Vigo chega hoxe aos 47 positivos tras detectarse 5 novos contaxios relacionados co caso dunha fiscala da cidade. Esta área rexistra o único afectado ingresado nunha UCI.

En total, na provincia de Pontevedra hai 67 casos e en Ourense o número de positivos permanece estable, con sete contaxios.