CRTVG

Buscar

Sobe o pan; a escalada dos prezos da luz repercute no máis básico

Publicado o 04/10/2021 14:43

A secuencia de prezos disparados da luz afoga sectores como o das panaderías. A electricidade é fundamental para o uso da maquinaria, pero non repercute no resultado do seu produto final. Hai un maior gasto e non se nota na produtividade.

Ante esta situación, nos últimos tempos as panaderías artesanais víronse obrigadas a subir o prezo do pan.

Sinalan que a medida está xustificada tamén pola subas de materias primas como a fariña, que xa subiu dúas veces no que vai de ano, e polo encarecemento dos combustibles fundamentais para a repartición deste produto básico.

Noticias web

04/10/2021