CRTVG

Buscar

Sobe o número de viaxeiros que se aloxan nos cámpings e nas casas rurais de Galicia

Publicado o 01/07/2019 21:52

Viaxar é unha paixón. Aloxarse en cámpings, unha aposta. E, segundo os datos do último informe do INE, non é só unha aposta: é unha aposta en alza. Case un 40 % medrou o número de viaxeiros que decidiron aloxarse en cámpings galegos. Neste de Compostela acaban de confirmarnos os datos.

" O bo tempo fixo que estes últimos meses foran moi bos en canto afluencia de viaxeiros. Sobre todo extranxeiros", di o Xerente do Cámping As Cancelas, Luis Asorey

Fálanos tamén das boas previsións para o verán . Algo que a Federación Española del Camping acaba de poñerlle cifra: calcula para os meses de xullo e agosto unha ocupación que podería superar o 80%.

O INE tamén destaca en relación a maio do 2018 o incremento nos turistas que elixiron o aloxamento rural: neste caso é do 12, 7 %, unha suba que nos confirman a poucos quilómtros de Compostela, en Teo, nunha das moitas casas rurais que lles deron a benvida cun turismo máis tranquilo e reducido.

 " O incremento debeuse ao Camiño de Santiago, á proximidade á Compostela e tamén axudou o Festival O Son do Camiño", di Carlos Feal da Casa Grande de Cornide, en Teo.

Nos dous casos os máis dos inquilinos son estranxeiros, viaxeiros que, como demostran os datos ascendentes, cada vez son máis, máis turistas que elixen Galicia.


 

Noticias web

01/07/2019