CRTVG

Buscar

Sobe o imposto de matriculación en xaneiro

Publicado o 05/11/2020 20:05

Se quere aforrar diñeiro, este é o momento de mercar coche. A partir de xaneiro, o imposto de matriculación dispara o prezo e pode chegar ata o 1 5% do valor do vehículo. Os que contaminan menos e ata agora non pagaban terán unha taxa de ata un 7 %. Só os eléctricos se libran do imposto.

Elena Pazos, asesora comercial de Compostela Motor: "Ata 120 gramos de emisións era cero o imposto de matriculación e a partir de agora subirá por tramos e nalgún modelo pode ser ata o 7 % do valor do coche, co cal son moitos cartos: 2.000 euros ou 1.500 a maiores".

Ademais, a partir de xaneiro entra tamén en vigor a normativa CAFÉ, que multará as marcas que vendan vehículos máis contaminantes. Algo que tamén afectará o prezo dos coches.

Manuel Tanoira, Toyota Compostela: "Iso vai facer que as marcas que vendan coches con emisións máis elevadas teñan que pagar máis diñeiro de multa. Estamos falando dunha media de que un coche de 119 gramos por quilómetro vai pagar algo máis de dous mil euros por vehículo".

A todo isto hai que engadir que nestes momentos segue en vigor o plan Renove para cambiar de vehículos e tamén as medidas de financiamento especiais que se aprobaron por causa da covid-19.

Noticias web

05/11/2020