CRTVG

Buscar

Sobe a venda de máscaras FFP2: un uso axeitado mellora a efectividade

Publicado o 29/01/2021 18:39

"O máis importante, primeiro ter as mans moi limpas, quitamos a máscara, collémola gomas, poñémola e suxeitar no nariz e que nos cubra todo, ata o papo, moi cuberta. Para quitala o mesmo", explica María Cortiñas, técnico de farmacia.

Un bo axuste facial da máscara mellora a súa efectividade. As máscaras FFP2 que teñén unha maior protección que o resto e son estes días as máis vendidas.

"Nós observamos iso, que aumentou moito a venda das máscaras. De 100 máscaras que se podeen vender, 80 xa son FFP2. A xente ten moito medo e quérese protexer ben", asegura María Cortiñas. 

Ese é o principal motivo. Ante o aumento dos contaxios cada vez hai más xente que usa as máscaras FFP2. Un uso correcto uso é importante, sobre todo, nos interiores pouco ventilados.

"Non quitala nunca, sobre todo, en interiores e cando estamos con persoas. Se todas as persoas que estñan no espazo levan posta unha máscara e a utilizan correctamente sexa do tipo que sexa, o efecto multiplicativo da protección é importante. Non podemos esquecer que as máscaras son un camiño de dobre sentido, protexen a persoa que a leva e á vez portexen de que esa persoa contaxie os demais", asegura María Sande, xefa de Medicina Preventiva do CHUO.

Deben ser homologadas e non superar as horas recomendas de uso. Con todo, lémbrannos non esquecer o resto de medidas como a hixiene de mans, a distancia física e a ventilación.

Noticias web

29/01/2021