Sobe a incidencia na Pobra do Caramiñal, malia estar pechada coas máximas restricións
Cafeína para levar nas rúas da Pobra. A falta de bares, os veciños apostan polos bancos da alameda para a pausa da xornada. Os poucos hostaleiros que levantan a reixa para facer cafés non queren nin falar, e os que se pronuncian falan dunha situación "inxusta" para o sector.
Agora que chega a tempada de sol e praia, a ausencia de turistas comeza a notarse na vila. Aínda que sempre hai algún despistado que de tanto desconectar nin sabe as restricións vixentes.
Con 43 casos activos, a incidencia segue disparada neste concello de 9.300 habitantes. De novo tócalles toque de recollida ás once e só xuntarse cós da casa.
Na veciña Ribeira a situación estabilizouse despois dunha leve repunta, e Boiro e Rianxo poderían rebaixar as restricións esta mesma semana dada a súa boa evolución.