Sobe a gasolina e o gasóleo a prezos anteriores á pandemia
Publicado o 13/05/2021 18:04
Novo incremento do custo dos combustibles. A gasolina e o gasóleo alcanzan os prezos do mes de xuño do ano 2019, antes do inicio da pandemia.
No que levamos de 2021, a gasolina subiu unha media do 14 por cento e o gasóleo un 13. Neste último mes, medrou máis dun dous por cento. Hai un ano encher un depósito custaba quince euros menos que a día de hoxe.