CRTVG

Buscar

Dos Peares a Velle, soan as sirenas das presas para un simulacro do plan de emerxencias

Publicado o 29/04/2021 15:01

Soa a sirena de alerta na presa de Velle en Ourense, unha proba dentro do plan de prevención de emerxencias que está a facer a empresa que xestiona as centrais hidroeléctricas dos Peares e Velle.
Algúns veciños que escoitaron hoxe o son non sabían de que se trataba.

Ata a presa dos Peares sete sirenas soarán ao longo do día ata as seis da tarde e poderanse escoitar desde diferentes puntos. Outros veciños xa sabían que era unha proba. Iso é o desexable, que as sirenas non teñan que soar nunca, porque iso indicará que houbo algunha incidencia ou rotura nas presas e se activararía un protocolo de evacuación.