CRTVG

Buscar

Só un de cada cinco viaxeiros se someteu ao cribado que fai o Sergas en Alvedro

Publicado o 27/03/2021 14:25

Moitos dos que chegaban este sábado en voo a Alvedro non sabían que o Sergas ofrecía probas de antíxenos gratuítas no aeroporto. Algúns mesmo lamentaban non estar informados de antes.

O venres participaron no cribado voluntario 145 pasaxerios dos 706 que chegaron ao aeródromo, un 20,82%. Non se detectou ningún positivo entre eles.

Este sábado tamén atopamos bastantes que rexeitaron o ofrecemento. A maioría, porén, destacaba a importancia dos cribados e había quen se sometía á proba a pesar de acabar de facer outra.

Os xerentes das áreas sanitarias de Santiago e de Vigo estiveron nos aeroportos da Lavacolla e de Peinador para ver onde instalar canto antes operativos coma este, co permiso de Aena. A mediados da semana que vén tamén está previsto facer cribados nas estacións de tren.

Noticias web

27/03/2021