CRTVG

Buscar

Só quedan menos de 650 contaxiados na China

Publicado o 29/04/2020 09:33

As autoridades sanitarias da China aseguran que quedan menos de 650 infectados activos pola covid-19 no país asiático, pese a se rexistrar un leve aumento de novos contaxios nas últimas 24 horas.
Todos menos un deses novos casos se detectaron en persoas que procedían do estranxeiro, tamén chamados casos importados.
O único contaxio local rexistrouse na provincia sur oriental de Cantón.
Durante este mesmo espazo de tempo, 23 pacientes foron dados de alta nos hospitais chineses.


 

Noticias web

29/04/2020