CRTVG

Buscar

Só quedan 800 localidades para o derbi de Riazor

Publicado o 26/02/2020 13:09

Quedan oitocentas entradas á venda para o público en xeral para asistir ao Deportivo-Lugo do domingo en Riazor.

Entre hoxe e mañá o Lugo vende as súas localidades: seiscentas do club e trescentas da federación de peñas.

Son as entradas facilitadas polo Deportivo, que confía na presenza dun millar de seareiros lugueses en Riazor e achegarse a unha asistencia de trinta mil persoas.

Noticias web

26/02/2020