Só o 2 por cento das mulleres con discapacidade vítimas da violencia machista denuncia
O 23 por cento das mulleres con discapacidade son vítimas da violencia machista, segundo un estudo recente da Confederación Española de Persoas con Discapacidade. Elas teñen un 8 por cento máis de probabilidades de sufrir este tipo de violencia que o resto do colectivo feminino. Pero a maioría nunca chega a denunciar.
Alejandra Dominguez, membro da Unidade de Familia e Muller da Policía Nacional, asegura que só o 2 por cento denuncia.
Dolores Venancio, responsable da comisión muller do CERMI Galicia, di que ás veces non o fan por medo a que ninguén as crea.
Unha realidade da que se falou en Santiago, no marco da xornada Mulleres con discapacidade ante a violencia, organizada polo CERMI Galicia, e na que se puxeron sobre a mesa os principais retos, como a dobre discriminación ou a falta de información.
María do Carme González, mediadora da Federación de Asociacións de Persoas Xordas, di que é necesario máis información e un mellor acceso á mesma.
E fan un chamamento para aunar esforzos por parte de todas as entidades e axentes implicados.