CRTVG

Buscar

Só Madrid, Euskadi, Ceuta e Melilla quedan no nivel de risco extremo

Publicado o 24/02/2021 18:28

A transmisión do coronavirus segue descendendo e a incidencia acumulada en 14 días por cada 100.000 habitantes sitúase en 218,6, con todas as comunidades autónomas por baixo dos 250 casos que marcan o risco extremo, excepto Madrid, o País Vasco, Ceuta e Melilla.

O Ministerio de Sanidade notificou unha nova redución da presión nas UCI ata o 30,5 %, un punto menos que onte (3.241 pacientes), e informou de que hai 13.495 enfermos de covid−19 hospitalizados (674 menos que o martes).

Ademais, Sanidade sumou 389 mortes máis nas últimas 24 horas, con que a cifra total elévase a 68.468 (873 nos últimos sete días) e o total de contaxios sitúase en 3.170.644 tras notificárense 9.212 casos máis.