CRTVG

Buscar

Só Cangas continúa en nivel vermello de alerta na área de Vigo

Publicado o 20/10/2020 14:11

831 casos activos, 29 hospitalizados e 7 pacientes en UCI. Son as cifras do coronavirus na área sanitaria de Vigo.

Con todo, o número de novos contaxios ralentízase. Nas últimas 24 horas rexistráronse por PCR 48 infectados, lonxe dos 98 da xornada anterior.

Nigrán abandona o vermello e pasa de novo a nivel 2 de alerta. Dende o Concello fan un chamamento.

"Pedimos a todos os cidadáns que sexan máis sensatos, que teñan máis coidado, nós xa, cando entramos nesa cor laranxa, suspendemos todas as actividades do concello", explica Juan González, alcalde de Nigrán. 

Na área sanitaria de Vigo unicamente Cangas continúa en nivel vermello de alerta, con máis de 21 casos detectados por PCR nos últimos 7 días.

Noticias web

20/10/2020