CRTVG

Buscar

Vigo rexistra 592 casos activos de coronavirus dos 1.937 de toda a área sanitaria

Publicado o 10/01/2021 12:35

Impresiona este domingo a ringleira de vehículos no covid-auto do Cunqueiro en Vigo. Aquí coincide o cribado universal do concello de Tomiño moi castigado pola covid-19 con persoas que fan a proba de xeito preventivo porque serán sometidas a unha intervención cirúrxica ou a unha proba diagnóstica complexa a vindeira semana.

A área sanitaria de Vigo con cento trinta e tres casos positivos novos hoxe, só é superada nesta xornada pola área coruñesa con 177 novos positivos. En total na área de Vigo hai 1397 casos activos, 67 máis ca onte. Corenta e unha persoas están ingresadas en planta,, e dezaseis están nas UCI.

Se nos cinguimos á cidade de Vigo ten cincocentos noventa e un casos a día de hoxe.
No covid-auto do Cunqueiro atopamos tamén a Rocío, que xa pasou a doenza pero ten unha intervención a vindeira semana.

A partir do luns son os veciños de Mos, os que están convocados a outro cribado universal.

Noticias web

10/01/2021