CRTVG

Buscar

Smolov marchou de Vigo a pasar o confinamento en Rusia

Publicado o 05/04/2020 14:35

 
Smolov colleu onte as maletas, meteunas nun avión privado ás nove e cuarto da noite e viaxou a Rusia. Non tiña permiso do club. Mais esta é unha situación con máis matices ca a da fuxida de Pione Sisto hai uns días. O Celta negociou unha baixada do soldo dos seus futbolistas ante a parada da Liga, que vai anunciar proximamente. Isto permitirá viaxes como a de Smolov ata que a situación se normalice. Pero aínda non é oficial, daquela non hai permiso do club. Smolov emprendeu a viaxe porque mañá pechan as fronteiras do seu país. Hai poucos días, o futbolista amosábase tranquilo en conversa cos internautas, aínda que se laiaba de estar só en Vigo.

Noticias web

05/04/2020