CRTVG

Buscar

Sitúan nos 19 anos a idade media de comezo no mundo do xogo

Publicado o 06/02/2020 15:14

Mozos, maioritariamente homes, de arredor dos 20 anos que acoden ás casas de apostas atraídos moitas veces polo fútbol e polo acceso doado ao alcol. Antía García, voceira da plataforma Fóra Casas de Apostas "As casas de apostas reducen moito o prezo no consumo de alcol e iso fai que a mocidade vexa algo atractivo dentro delas. Poñen os partidos de liga que non ves na casa e xéranse espazos cómodos".

Nestes momentos hai en Galicia 118 licenzas de casas de apostas, pero desde as asociacións insisten en que o problema vai máis alá. A proliferación de máquinas en bares e cafeterías e o aumento do xogo on line agravan a situación. Por iso lle reclaman ao Goberno medidas urxentes. Antía García, voceira da plataforma Fóra Casas de Apostas. "Avogamos pola eliminación desas máquinas, pola eliminación dos establecementos e pola eliminación total do xogo on line, que é algo de regulación estatal".

A Xunta de Galicia limitou por decreto a instalación de salóns de xogo na nosa comunidade e traballa nunha lei máis ampla que actualizará a normativa do sector.
 

Noticias web

06/02/2020