CRTVG

Buscar

As cidades de Vigo, Pontevedra, Ferrol e Santiago, as que teñen maior incidencia da covid

Publicado o 17/12/2020 20:49

Durante dous días os veciños de Santa Comba de entre 16 e 45 anos están citados a facer unha PCR no centro de saúde. O concello está perimetrado canda Mazaricos e nos últimos días detectárase un número inusual de positivos nesa faixa de idade.

"É nese momento cando se decide facer un cribado de xeito preventivo para evitar que estes positivos xeren moitos contactos e teñamos unha situación desagradable para a poboación", explica Mónica Conde Pájaro, supervisora de Medicina Preventiva do CHUS.

Á mala evolución da pandemia en concellos do Xallas e da Barbanza súmase nesta área sanitaria o incremento de casos na capital. De feito, Santiago é das cidades galegas que presenta unha maior incidencia da covid xunto con Pontevedra, Vigo e Ferrol. As que teñen unha menor incidencia son A Coruña, Lugo e Ourense.

É a enfermidade comeza a dar un respiro nas residencias de maiores. Baixan a 176 os usuarios infectados cando hai mes e medio eran máis de 400. Os traballadores infectados son 152, un cento menos que a primeiros de novembro. Os maiores gromos están arestora en catro xeriátricos da provincia de Pontevedra.

Noticias web

17/12/2020