Sito Rivera estréase no banco do Burela con derrota
Publicado o 12/03/2021 21:32
Estrea de Sito Rivera no banco do Burela con derrota. O Pescados Rubén enfrontábase ao Xota en Vista Alegre. Marcou Juninho para o equipo navarro no minuto 20 do primeiro tempo. Un bo disparo dende media distancia que entra axustado ao longueiro. Con esta derrota o Burela sitúase só un posto e cun colchón de só dous puntos por riba do descenso.