CRTVG

Buscar

Simulacro de accidente múltiple para avaliar os equipos de enfermería de urxencias

Publicado o 13/06/2019 15:28

Todo o que fan é un simulacro pero serve para avaliar os equipos de enfermería de urxencias e emerxencias.

Tras esnafrar o coche en que foxe da policía, o delincuente armado, paranoico e que consumiu a chamada droga caníbal toma reféns nun autobús. Grupos de elite da Garda Civil conseguen detelo, pero antes deixa feridos, varios graves, entre os usuarios do autobús.

Reducido o delincuente, empezan a actuar os servizos de urxencia. Os profesionais enfróntanse a unha situación caótica e deben dar unha resposta rápida.

Os enfermeiros son avaliados durante o simulacro. Da súa actuación dependerá se entran a formar parte dos equipos de urxencias e emerxencias.


 

Noticias web

13/06/2019