CRTVG

Buscar

Simulacro na Coruña no 30 aniversario da base do helicóptero de rescate Helimer

Publicado o 28/08/2021 19:43

Expectación no porto da Coruña para ver en acción os equipos de rescate marítimo. Imaxes emocionantes, pero esta vez coa tranquilidade de saber que se trataba dun simulacro. Foron os exercicios de exhibición que realizaron para celebrar o 30 aniversario do Helimer.

O helicoptero de rescate foi destinado ao aeroporto de Alvedro no verán de 1991 para asistir dende o aire as emerxencias da costa galega. Dende entón leva rescatadas a máis de 1.200 persoas.

Actualmente operan dous helicópteros xemelgos con esa función. No simulacro participaron un helicóptero, un avión de patrulla e o buque de salvamento Salvamar Betelgeuse.

Noticias web

28/08/2021