CRTVG

Buscar

Simón pide evitar desescaladas rápidas para que non haxa unha nova vaga

Publicado o 11/02/2021 22:06

Unha desescalada feita antes de tempo leva a unha nova vaga da pandemia. É a advertencia que fai Sanidade para non precipitarse á hora de levantar as restricións. Porque a situación en España, aínda que tende a mellorar, segue sendo de risco extremo. "O mapa de España aínda está en vermello", advertiu Fernando Simón. 

En España administráronse ata o de agora 2.300.000 vacinas contra a covid−19. Sanidade di que definirá nas próximas semanas os seguintes grupos para vacinar, coa vista posta nos enfermos crónicos.

"A idade é un criterio de equidade importante, e hai que ter especialmente en conta todas aquelas persoas que presenten patoloxías clínicas que teñan unha alta morbilidade. Así que cando a comisión o estableza haberá que telos en conta", explica a ministra de Sanidade Carolina Darias. 

A ministra de Sanidade avanzou que a partir de abril vai chegar a España unha cantidade importante de vacinas, e poderase acelerar o ritmo de inmunización. Sanidade confirma que non existe reserva de vacinas para a Administración xeral do Estado e que os membros do goberno e o resto de traballadores se vacinarán cando lles toque.

Noticias web

11/02/2021