CRTVG

Buscar

Simón di que non se poderán levantar as restricións antes do verán

Publicado o 04/02/2021 21:04

Máis de 600.000 persoas recibiron as dúas doses da vacina en España. E Sanidade detecta un grao de inmunización nas residencias de maiores, onde o número de gromos activos baixou á metade desde principios de ano. Aínda así, advirten de que seguirá habendo casos, porque non todo o mundo chegará a inmunizarse.

Fernando Simón, director do Centro de Alertas Sanitarias: "Entre un 5 e un 10% dos que recibiron a vacina non se inmunizan, polo que se poden seguir infectando".

Sanidade di que a vacinación vai ao ritmo previsto, pero pide non baixar a garda nin caer unha falsa sensación de seguridade. E advirte que teremos que manter medidas restritivas como mínimo ata o verán.

Fernando Simón: "Non poderemos levantar as medidas ata que o 70 % da poboación estea vacinada. É posible que para o verán se poidan relaxar algunhas, pero xa veremos".

A estratexia de vacinación contempla empezar a vacinar este mes os maiores de 80 anos, e é probable, afirma Fernando Simón, que ao mesmo tempo se empece a inmunizar outros colectivos, como o das forzas de seguridade.

Noticias web

04/02/2021