Silvia García: "Sempre me rebelei contra o estereotipo da nena calada, fun unha nena curiosa e respondona"
Publicado o 03/11/2020 17:14
Nenas medrando parte do proxecto Os silencios que comeu Alicia e agora redimensiónase como o primeiro poemario de Silvia García. Os versos fúndense coa memoria allea nun libro arredor da conciencia do corpo e do silencio. Nas fotografías, mulleres e nenas anónimas miran á camara translucindo a súa incomodidade.