CRTVG

Buscar

Shakira declara perante o xuíz acusada de defraudar 14,5 millóns á Facenda

Publicado o 06/06/2019 13:28

A cantante colombiana Shakira declarou perante o xuíz que a investiga por fraude fiscal. Para esquivar a prensa, a cantante alugou unha praza no aparcadoiro privado do edificio dos xulgados de Esplugues de Llobregat que dá acceso directo ás dependencias xudiciais.

Shakira está acusada de, supostamente, evadir impostos por un importe de 14 millóns e medio de euros nos exercicios fiscais dos anos 2012, 2013 e 2014.

Noticias web

06/06/2019