CRTVG

Buscar

Sexto día consecutivo de baixada de casos activos en Ourense

Publicado o 04/02/2021 14:56

O número de persoas que superaron a covid supera, unha xornada máis, e xa van seis, o de novos contaxiados na área de Ourense, que podería dobregar xa a curva desta terceira vaga.

Félix Rubial, xerente da área sanitara de Ourense, afirma que o número de positivos supera os 120, "pero chegamos a ter máis de 250 ao día, polo que a positividade baixou facendo o mesmo número de probas". "Puidemos pasar xa o pico da terceira vaga e estariamos iniciando lentamente o descenso", asegura.

Un descenso que pode ir a máis nas próxima xornadas grazas ás últimas medidas.

O virus mantén en coidados intensivos 15 persoas e máis de 150 hospitalizados en planta. Aínda que o número de ingresados baixou nas últimas horas, advirten de que non se pode baixar a garda.

Dende a área sanitaria fan un chamamento á prudencia durante este Entroido para evitar repuntas.

Esta fin de semana haberá un cribado masivo a máis de 12.000 persoas da área metropolitana de Ourense para intentar frear a transmisión do virus.

Noticias web

04/02/2021