CRTVG

Buscar

Seúl fará tests de covid-19 a gatos e cans

Publicado o 08/02/2021 19:16
Seúl fará tests de covid-19 a gatos e cans

A capital de Corea do Sur fará probas do coronavirus a gatos e cans domésticos se teñen síntomas do coronavirus. Un anuncio que ten lugar semanas despois de que as autoridades confirmaran o primeiro caso dun gato contaxiado nunha cidade do país. No caso de dar positivo, o animal terá que estar confinado na casa, e no caso de que os donos non poidan facerse cargo, será trasladado a unha instalación creada para estes illamentos.

Noticias web

08/02/2021