CRTVG

Buscar

Sétima xornada de protestas por Hasél en Cataluña

Publicado o 23/02/2021 09:15

Sétima xornada de manifestacións en Cataluña por Pablo Hasél. Desde o arco de triunfo de Barcelona, uns 700 manifestantes berraron proclamas a favor do rapeiro, en contra dos medios de comunicación e tamén para pedir a disolución dos antidisturbios. A noite volveu acabar en carreiras, barricadas, colectores queimados e detencións. Esta noite, tres. Tamén vimos enfrontamentos dalgúns veciños contra os violentos.

Na protesta de Tarragona, que congregou un cento de persoas, queimaron a foto do rei Filipe.

Tras unha semana de disturbios, o presidente da Generalitat en funcións e candidato de Esquerra Republicana á presidencia Pere Aragonès mostrou o seu apoio aos mossos e fixo un chamamento á calma e á responsabilidade política.

As protestas por Hasél están inmiscíndose nas negociacións para formar goberno en Cataluña. Esquerra, Junts e os Comúns piden revisar os protocolos de seguridade. A CUP pide a dimisión do conseller de Interior, a quen acusa de criminalizar as manifestacións.

Noticias web

23/02/2021