CRTVG

Buscar

Sete potenciais compradores manifestan o seu interese por Barreras

Publicado o 23/09/2021 11:46
Sete potenciais compradores manifestan o seu interese por Barreras

Sete potenciais compradores manifestaron o seu interese por Barreras. Tres meses antes de que finalice o prazo marcado en decembro deste ano, fontes do estaleiro aseguran que o proceso de venda vai por bo camiño. Na primeira fase os interesados recibirán información confidencial sobre a situación do estaleiro e pediranlles que presenten unha oferta económica e un plan de negocio.

O prezo de venda será simbólico, xa que o propietario terá que asumir as débedas e os riscos. Un deles é o xuízo que terá lugar na Corte de Londres en xuño de 2022, pola cancelación de contrato de dous cruceiros para a navieira Havila.

A consultora Kroll agarda ter unha lista xa concreta de entre 5 e 7 ofertas vencellantes a principios de decembro. Por outra banda, dende o estaleiro elabórase unha nova proposta para solicitar fondos á SEPI e apoiar o comprador con préstamos ordinarios e participativos.

Noticias web

23/09/2021