CRTVG

Buscar

Sete mortos máis por coronavirus en España e 134 novos contaxios nas últimas 24 horas

Publicado o 20/06/2020 17:12
Sete mortos máis por coronavirus en España e 134 novos contaxios nas últimas 24 horas

Sanidade suma este sábado 7 mortos por coronavirus e 134 contaxios confirmados en 24 horas en España. Así a cifra oficial de falecidos é de 28.322 desde o comezo da pandemia.

Os mortos con data de defunción nos últimos sete días son 36. Hai seis persoas ingresadas nas UCI pero só en catro comunidades autónomas con dous pacientes en Castela e León e Cataluña en cada unha e un nas Canarias e en Madrid. 101 persoas precisaron ingreso hospitalario por covid-19 nos últimos sete días en toda España.

 Os casos totais de persoas diagnosticadas con tests son 245.938 persoas.