CRTVG

Buscar

Sete mortos e catro feridos en dous tiroteos nos Estados Unidos

Publicado o 09/04/2021 08:54
Sete mortos e catro feridos en dous tiroteos nos Estados Unidos

Dous tiroteos rexistrados nas últimas 48 horas nos Estados Unidos deixan polo menos sete persoas mortas e catro feridas. O último ocorreu nunha zona industrial de Texas, onde un home armado matou unha persoa e feriu outras catro.

O pistoleiro, que está sendo buscado pola policía, podería ser un empregado da empresa onde ocorreu o tiroteo. Na xornada anterior, un ex-xogador da liga profesional de fútbol americano suicidouse despois de matar cinco persoas, dúas deles menores de idade, no estado de Carolina do Sur.

Noticias web

09/04/2021