Sete mortos ao caer unha avioneta no sueste do Brasil
Publicado o 15/09/2021 08:32

Sete persoas morreron ao estrelarse unha avioneta no estado de São Paulo, no sueste do Brasil. Cinco das vítimas eran membros da mesma familia. O aparato caeu a terra poucos minutos despois de engalar. As imaxes recollidas por varias cámaras de seguridade están sendo revisadas pola policía brasileira, que investiga as causas do accidente.