Deteñen sete persoas máis pola agresión a dous policías no Vao, en Poio
Publicado o 13/05/2020 13:39
A Garda Civil detivo sete persoas máis polo ataque a unha patrulla da Policía Local de Poio no poboado do Vao a pasada semana. Estes arrestos súmanse aos dez practicados o venres, cando un gran operativo de ambos corpos identificou aos implicados.
Estes últimos detidos quedaron en liberdade con cargos tras prestar declaración na Comandancia de Pontevedra. Están a ser investigados polos supostos delitos de danos, atentado e agresión, aínda que cunha participación secundaria. Mentres, os dous policías agredidos recupéranse das lesións nas súas casas.