CRTVG

Buscar

Sete concellos da Mariña levan 15 días sen casos activos de coronavirus

Publicado o 11/05/2021 13:43

Barreiros, Ourol, A Pontenova, O Vicedo, O Valadouro, Xove e dende onte Mondoñedo son os sete concellos da comarca da Mariña que levan dúas semanas sen que se rexistren novos casos activos de covid-19. Nos outros oito concellos a evolución tamén é positiva e todos eles se sitúan no nivel medio-baixo de restricións. A colaboración veciñal e a aplicación de medidas como os cribados de superficie son as claves destas boas cifras.

Manuel Otero, alcalde de Mondoñedo: "Seguimos coa boa participación cidadá, que é fundamental. Con controis e coas medidas que nos levan decindo durante tanto tempo".

Os veciños confían en que a boa situación sanitaria recupere o fluxo de visitantes a Mondoñedo, pero insisten en que o máis importante é non baixar a garda e manter as medidas de protección.

En 32 dos 67 concellos da provincia de Lugo non hai casos rexistrados de coronavirus a día de hoxe.

Noticias web

11/05/2021