Sesión discoteca diaria en Montouto para animar o confinamento
Publicado o 01/04/2020 13:59
Cando chegan as nove e media da noite, o silencio e a tranquilidade da travesía de Montouto, en Teo, rompe. Os veciños saen ás ventás e balcóns, porque é hora de tomar o antídoto contra o illamento..
Tal é a implicación veciñal que á música de Fernando os veciños foron engadindo outros elementos decorativos. As luces que hai uns meses adornaban as árbores de Nadal agora iluminan esta enorme discoteca veciñal.
Unha sesión que pouco a pouco foi enganchando a veciñanza, que incluso mudou as súas rutinas para poder asistir puntual a esta sesión musical.
Ata os máis pequenos da casa non queren perdela.
Porque, malia todo, teñen clara a mensaxe, e tamén teñen claro que 'Xuntos' conseguirán facer máis levadía esta situación.