CRTVG

Buscar

Seis verbenas piloto simultáneas en Galicia esta noite

Publicado o 19/06/2021 14:20

E outro paso máis cara á normalidade verémolo este serán, coa volta das verbenas. Arestora xa está todo listo para que esta noitiña, en seis concellos galegos das catro provincias, soen de novo os sons das orquestras.

O ensaio das verbenas en Arteixo, Noia, Marín, Tomiño, Mondoñedo e O Carballiño. Será o test para as festas do verán.

Desenvolveranse entre as nove e as once da noite e terán requisitos imprescindibles: un tope de mil persoas con invitación previa e identificados, o uso obrigatorio de máscara, a distancia de seguridade, non se poderá comer, beber nin fumar pero si se poderá bailar. Iso si, entre conviventes.

Noticias web

19/06/2021