CRTVG

Buscar

En Cambados reparten 2,4 millóns dun cuarto premio do que devolveron 48 series

Publicado o 22/12/2020 12:04

A administración número 1 da Avenida de Galicia, situada na praza de abastos de Cambados, vendeu 12 series do número 75.981, primeiro dos cuartos premios do Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal que se celebra este martes en Madrid, dotado con 200.000 euros á serie (20.000 euros ao décimo), polo que reparte 2.400.000 euros.

Pero este premio vendido nesta administración cambadesa puido ser moito maior se vendese todas as series que tiña asignadas. Das 60 que recibiu vendeu 12 e devolveu as restantes. Polo tanto, ese premio que podería ser de 12 millóns de euros, quedou neses 2.400.000.

Saíu ás 11:55 horas e vendeuse, entre outras localidades, no Porriño (un décimo), en San Pedro de  Pinatar (Murcia), Selecta, Villaviciosa (Asturias), Toledo, Plasencia (Cáceres), Fuenlabrada (Madrid), Madrid e Segovia.