CRTVG

Buscar

Sergio Álvarez foi operado esta mañá e estará de baixa 4 ou 5 meses

Publicado o 28/05/2020 17:26

O porteiro do Celta, Sergio Álvarez, estará de baixa entre 4 e 5 meses. O de Catoira foi operado esta mañá polo doutor Cota no seu xeonllo.

Sergio sufrira unha rotura longa no menisco interno. Na intervención optouse pola reconstrución do mesmo. Tamén foi operado dunha pequena rotura no menisco externo. Agora toca recuperarse de cara á próxima temporada. A baixa estimada será de entre 4 e 5 meses.

Noticias web

28/05/2020