CRTVG

Buscar

Sergio Álvarez deixa o fútbol: "Este club é a miña familia"

Publicado o 20/05/2021 22:09

• O Gato de Catoira despediuse nun emotivo acto en Balaídos

• Mouriño: "Ninguén mellor ca ti representa os valores deste club"

EFE

Sergio Álvarez deixa o fútbol. O Gato de Catoira despediuse esta tarde dos seus compañeiros e de toda a familia do Celta. Nun entrañable acto en Balaídos, o porteiro, de 34 anos, anunciou que deixa o deporte profesional, ao non superar a súa lesión no xeonllo, sufrida xa a tempada pasada. Chegou con 17 anos, procedente do Arousa, e viviu grandes momentos coa camiseta celeste. Recibiu o agarimo da directiva e todos os futbolistas cos que compartiu vestiario. Despediuse emocionado dos que considera a súa familia. E confesou que nunca soñou de pequeno estar tantos anos no Celta.

A vida futbolística de Sergio Álvarez pasou toda pola súa cabeza esta tarde en Balaídos mentres anunciaba a súa retirada de maneira prematura por culpa dunha lesión que non lle permitiu despedirse no campo, nin diante da afección.

Coñecendo a Sergio, intentou todo para curar unha lesión complicada pola artrose.

Sergio colga as botas no seu único club como profesional despois de 17 anos, 168 partidos en primeira e moitos momentos inolvidables.

Para un emocionado Carlos Mouriño, Sergio é o xogador que mellor representa a palabra 'afouteza'.

Sergio Álvarez despídese orgulloso do club da súa vida.

Noticias web

20/05/2021