CRTVG

Buscar

Sergio Álvarez: "A Cardoso gústanlle os equipos que sexan valentes"

Publicado o 16/11/2018 09:55

Sergio Álvarez non pensa cambiar, vai seguir traballando día a día para convencer a Cardoso como fixo cos seus predecesores. E, nese traballo, o xogo cos pés terá especial importancia.

Sergio Álvarez, R. C. Celta: "É un adestrador que vai intentar construír o xogo desde atrás o máximo posible. Minimizar os riscos, pero intentar saír para crear o máximo perigo ao equipo contrario".

O técnico xa lles esbozou aos xogadores esta e outras liñas mestras do seu proxecto.

Sergio Álvarez, R. C. Celta: "Que era un adestrador que lle gustaba atacar, ter o balón e que lle gustaba un equipo que fose valente".

Un Celta baixo mínimos polos compromisos das seleccións intenta asimilar a marchas forzadas o cambio, que Sergio non cuestiona desde o vestiario.

Sergio Álvarez, R. C. Celta: "O club analiza moito as situacións, e busca o mellor para o equipo. Se fixo este cambio é porque cre que necesitaba un cambio o equipo".

Sobre obxectivos, Sergio tampouco quixo opinar máis aló de estar o máis arriba posible, cos pés no chan.

Noticias web

16/11/2018