Sergio Carreira debutou co Celta e quedou "bastante impactado" por ver Balaídos sen público
Publicado o 23/10/2020 17:20
O lateral dereito do Celta, Sergio Carreira, cuarto canteirán ao que Óscar García Junyent fixo debutar na Liga esta tempada, asegurou este venres que apenas notou os nervios no duelo ante o Atlético de Madrid.
"Pensei que ía estar máis nervioso, a verdade. Unha vez que estás no campo xa nin sequera sabes quen está diante, o único que pensas é en centrarte, non fallar e axudar o equipo o máximo posible", comentou o defensa galego.
Admitiu que xogar no estadio de Balaídos sen público "impacta bastante", por iso mostrou o seu desexo de que "canto antes" poidan volver os afeccionados aos estadios dos clubs que compiten no fútbol profesional.