Sergi e Erik Quintela, dous produtos da canteira breoganista que coinciden en ACB por primeira vez
Publicado o 21/09/2021 15:22
Os irmáns Quintela póñenlle sangue galego ao motor dun Breogán que funcionou á perfección na primeira xornada. Sergi confésase sorprendido polo volume da malleira ao Tenerife, e non agocha a motivación que lle supón a un recén ascendido o se ver á fronte da táboa, aínda que sexa circunstancial.
Forza mental moi necesaria para afrontar a dobre visita a Burgos o xoves e a Barcelona o sábado. Dous rivais de gran calado en apenas corenta e oito horas.