CRTVG

Buscar

Sentenza condenatoria para os acusados de traficar con droga en cargamentos de peixe

Publicado o 01/02/2019 14:30

47 anos de cadea é a pena imposta pola Audiencia de Lugo aos cinco acusados de transportar droga oculta entre peixe. Foron descubertos no porto de Marín cando tentaban introducir en España media tonaleda de cocaína procedente do Ecuador nos contedores dun barco. A droga comisada foi valorada en case 18 millóns de euros. Un dos condenados nesta operación, que fora dirixida polo xulgado número 3 de Lugo, era propietario da empresa de conxelados que importaba o peixe.

 

 

 

Noticias web

01/02/2019