CRTVG

Buscar

Sensacional xornada para o 49er de López Marra, a un só punto do ouro

Publicado o 28/07/2021 07:56
Sensacional xornada para o 49er de López Marra, a un só punto do ouro

Gran xornada para o 49er español co sonense Iago López Marra e o cántabro Diego Botín. Nas tres regatas disputadas estiveron entre os mellores ao gañar a primeira, ser segundos na segunda tirada e sumar un quinto posto na terceira. 

Esa regularidade permítelles estar na segunda posición xeral, a un punto dos líderes, os británicos Feltcher e Bithell. A mellor nova achegárona os erros da parella de Nova Zelandia (Burling e Tuke), grandes favoritos para facerse co ouro, que non tiveron o seu mellor día. 

Mañá toca outra xornada de fortes emocións en que López Marra tentará seguir situándose nos postos de privilexio á procura dunha medalla, o seu grande obxectivo.