CRTVG

Buscar

Senra gaña o Rally da Coruña cunha décima de vantaxe sobre Caamaño

Publicado o 29/02/2020 20:25

Incrible desenlace do Rally da Coruña co triunfo de Víctor Senra cunha décima de vantaxe sobre Iago Caamaño. Un problema na caixa de cambios no sexto treito deixábao con 19 segundos perdidos con Caamaño. Pero Senra recuperou nos tres treitos definitivos facendo o máis complicado. No derradeiro parcial tiña que recuperar 12.3 segundos e avantaxou a Caamaño en 12.4 co que se fixo cun agónico triunfo. 

Noticias web

29/02/2020