CRTVG

Buscar

Sen tregua no prezo da luz: o domingo máis caro da historia con 213 euros/MWh

Publicado o 24/10/2021 09:24
Sen tregua no prezo da luz: o domingo máis caro da historia con 213 euros/MWh

Nova subida do prezo da luz. Nesta xornada o megawattt hora alcanza os 213 euros. É case un un por cento máis ca onte. É o domingo co prezo máis caro desde que se fan rexistros.

Mentres non se adopte unha solución, só queda minimizar os consumos. Para evitar as horas co prezo maior, saiban que hoxe o pico será entre as nove e as dez da noite. O megawat hora alcanzará os 271 euros.

Hoxe o prezo máis baixo será entre as cinco e as seis da tarde. Pagarase a 174 euros. Se miramos atrás no calendario, hai un ano o prezo do megawatt non chegaba aos 15 euros. O de hoxe supón multiplicar por catorce esa cantidade.
 

Noticias web

24/10/2021