CRTVG

Buscar

A máscara deixa de ser obrigatoria ao aire libre en Bruxelas

Publicado o 09/06/2021 14:50

En España, o debate sobre a fin da máscara en exteriores está aberto, pero aínda non hai acordo nin data para relaxar o seu uso. Si se dan pasos noutras latitudes, por exemplo, Bruxelas.

Dende hoxe na capital belga pódese andar polas rúas sen ter que usar a máscara. Deixa de ser obrigatoria ao aire libre, pero si hai que usala nas zonas máis concorridas, como mercados ou centros comerciais.

O ritmo de vacinación permitiu adoptar esta medida, e é que un de cada catro habitantes da cidade xa recibiron as dúas doses. O alivio no uso da máscara coincide tamén coa reapartura, en todo o país, do interior de bares e restaurantes, que agora estaban limitados ás terrazas.

Noticias web

09/06/2021