CRTVG

Buscar

Sen feridos no descarrilamento dun tren entre Betanzos e Oza-Cesuras

Publicado o 29/12/2020 08:46

Descarrila un tren entre Betanzos e Oza-Cesuras, na liña que cobre o traxecto entre A Coruña e Monforte. Nel viaxaban 17 pasaxeiros, pero nin eles nin o persoal de Renfe quedaron feridos.

O descarrilamento, cuxa causa aínda se investiga, afectoulle unicamente ao primeiro vagón, e obrigou a interromper a circulación ferroviaria na liña Lugo-Ferrol. Os pasaxeiros afectados foron trasladados por estrada ata os seus destinos.

Noticias web

29/12/2020